domingo, 16 de abril de 2017

Ruta da pedra e da auga. Armenteira abril17


O pasado 6 de Abril, os alumnos de Segundo ESO, realizaron unha actividade de sendeirismo pola “Ruta da Pedra e da Auga” sita no Concello de Ribadumia. Con esa actividade pretendíamos reforzar contidos vistos na aula ao tempo que desfrutábamos dun entorno natural de gran fermosura cheo de vestixios etnográficos.
A actividade finalizou cunha visita guiada polo mosteiro da Armenteira onde podemos coñecer algo da súa historia e máis da súa arquitectura.
Dende o Departamento de Educación Física esperamos que a raíz desta experiencia os nosos alumnos se animen, xunto coas súas familias, a desfrutar dalgunha das diversas rutas que se atopan na nosa contorna.




IX Campionato provincial de orientación escolar